martes, 21 de febrero de 2017

ROSALÍA DE CASTRO

Cando penso que te fuches 
negra sombra que me asombras 
ó pé dos meus cabezales 
tornas facéndome mofa 
Cando maxino que es ida 
no mesmo sol te me amostras 
i eres a estrela que brila 
i eres o vento que zoa 
Si cantan, es ti que cantas 
si choran, es ti que choras 
i es o marmurio do río 
i es a noite i es a aurora 
En todo estás e ti es todo 
pra min i en min mesma moras 
nin me dexarás nunca 
sombra que sempre me asombras.



O 24 de febreiro celébrase o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO.
Rosalía  naceu o 24 de febreiro de 1837 en  Santiago de Compostela. Foi unha gran poetisa e novelista, que escribiu tanto en galego como en castelán.
Morreu en 1885 en Padrón.
súa  adolescencia estivo marcada pola angustia que lle causou o saber que era filla ilexítima dun cura e  porque tivo unha saude delicada.

Entre as súas obras podemos destacar: 
"La flor", foi o seu primeiro libro publicado.
A mi madre" (1863), libro de poemas dedicado a súa nai, a quen botou moito de menos.
Cantares gallegos" (1863), onde transmite a súa preocupación polos traballadores galegos e a morriña que sentía ao marchar da súa terra. Con "Cantares gallegos", escrito integramente en lingua galega, comezou o renacemento poético nesta lingua.
"Ruínas" (1866), historia de tres mulleres boas e desgraciadas nun ambiente moderno.
Rosalía mostra visións da paisaxe gallega, onde sempre se percibe tristeza.




CANTARES GALLEGOS



1 comentario:

  1. Hola ,Angeles soy Claudia me encanta nuestro blog un beso

    ResponderEliminar