jueves, 30 de noviembre de 2017

Creacións literarias de outono













Sodes grandes escritores e escritoras, tedes as calidades que se precisan: curiosidade,, gañass de escribir e moita imaxinación.
Ánimo para seguir deleitándonos coas vosas creacións!!!!

miércoles, 22 de noviembre de 2017

25 DE NOVEMBRO

Tod@s XUNTOS contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

         Salir corriendo . AMARAL


HAIKÚS SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

Penso en violencia 
Penso en miles de mortes
 Penso en mulleres. 
LUCÍA NOVOA FROIZ

Ilusións rotas 
por un maltratador 
Corazón pobre
 ELENA IGLESIAS MEDELA

Ollos morados 
bágoas que caen 
Berros no ar 
SOLEDAD OTERO GÓMEZ

Medo nos ollos 
Bágoas nas meixelas
 Golpes, desprezo 
DIEGO PEREIRO GONZÁLEZ 

Un home e mais 
Unha muller non son 
moi diferentes 
ÍKER GONZÁLEZ RODRÍGUEZ


Quero ser libre 
Quero ser un paxaro
 Quero voar 
MONSERRAT VÁZQUEZ FRAIZ

Mantente forte 
Segue cara adiante 
Loita por ti
 MARTA OJEA GUTIÉRREZ


  Mujer florero de Ella baila sola.

martes, 31 de octubre de 2017

SAMAÍN na escola

Hoxe 31 de decembro celebramos a festa do  SAMAÍN.

 O Samaín é unha festividade de orixe celta, na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración do final da temporada de colleitas na cultura celta, comezaba cá estación escura.





Moito antes inspirámonos para crear os nosos relatos de medo, con protagonistas moi diferentes: monecas sen cabeza, monstruos verdes, habitantes do interior da terra, Drácula...
Foi divertido ler e escoitar os relatos dos nos@s compañeir@s, para os que deixamos voar a nosa imaxinación.






viernes, 27 de octubre de 2017

AS CASTAÑAS

O outono é a temporada de recoller moito froitos, nós eleximos as castaña e as belotas para traballar na aula.
 A castaña, como algo tradicional de Galicia, ten a súa festa. Na escola celebrámola hoxe, pero xa durante este mes estivemos facendo traballos sobre ela.
Inspirámonos para facela a protagonista dos noso contos :



















 

Para rematar o magosto: xogos, castañas, amig@s, risas...
 
Prender o lume, con moito coidado
Vixiar dende lonxe


Esperar xogando


viernes, 8 de septiembre de 2017

BENVIDOS Á CLASE DE 6ºA



Ola!. Estamos de volta e... a piques de comezar un novo curso, se todo vai ben, o último para tod@s vós no CEIP Fermín Bouza Brey. Temos que aproveitar o tempo para aprender moitas cousas de maneira divertida e amena. Desde o   PRIMEIRO DÍA é necesario que sexamos: CURIOS@S, RESPONSABLES e CONSTANTES, para que todo vai ben.

Esperámosvos con MOITA ILUSIÓN. Xa sabedes...hai que vir con moita enerxía!!!!!







A vosa titora 

jueves, 29 de junio de 2017

Chegaron as vacacións !!!

Agora sí é tempo de disfrutar e descansar. Disfrutade da praia, do sol, dos vosos amig@s... da LECTURA. Nos libros podemos encontrar grandes amigos e realizar marabillosas  viaxes. Animádevos a buscar os libros que credes vos poden encantar.

Un recordo da última actividade tod@s xuntos, cantando a canción  " Chea de vida" de Guadi Galego.









Vémonos en setembro!!!

viernes, 9 de junio de 2017

A próposito das meninas: "MENIMA XOGANDO"


AutorDiego Velázquez, 1656
TécnicaÓleo sobre lienzo
EstiloBarroco
Tamaño318 cm × 276 cm
LocalizaciónMuseo del PradoMadridFlag of Spain.svg España

Tod@s coñecedes o cadro das "MENINAS" ou "A  FAMILIA DE FILIPE IV". Este  cadro foi pintado por un famoso pintor español, DIEGO VELÁZQUEZ,  no século XVII.

O tema central é o retrato da Infanta Margarita de Austria, rodeada polas súas meninas ou criada; aínda que tamén aparecen outros personaxes, o propio pintor tamén aparece.
.
A menina situada a esquerda, a que lle ofrece á Infanta auga nunha vasilla, é María Agustina Sarmiento de Sotomayor, filla de Diego Sarmiento de Sotomayor (I Marqués de Sobroso), III Conde de Salvaterra, a quen pertencían as terras donde está situado o Convento de Canedo.



"Menina xogando". 5º A e 5º B- CEIP Fermín Bouza Brey.

Esta  menina titúlase " Menina xogando". A técnica que utilizamos foi pintura acrílica sobre CD. O tema que se representou en cada CD  foi creación individual de cada  alumn@.

FIXESTES MOI BO TRABALLO!!! Parabéns a tod@s!!!!!!!


viernes, 19 de mayo de 2017

UN PASEO POLO TEA













 Foi unha xornada moi interesante, onde ademais de pasalo  moi ben; cás explicacións de  Dani e Marcial,  aprendemos moito sobre a fauna e a flora do Tea e do seu entorno.
Moitas grazas aos dous.