viernes, 28 de febrero de 2014

ESTAMOS DE ENTROIDO!


Hoxe arribou á escola un gran galeón cargado de piratas e bucaneiros...


Velaquí están, alegres e disfrutando 














Porque... a vida pirata é a vida mellor. Felices vacacións

COMPARTINDO E DISFRUTANDO DOS POSTRES!

O pasado mércores, tivemos na escola a degustación de postre típicos do Entroido: filloas, orellas , bizcoitos... todos deliciosos, como só saben facer as mamás. A todas elas grazas pola súa colaboración.








Seguindo as ordenes do Meco

viernes, 21 de febrero de 2014

ROSALÍA DE CASTRO EN CÓMIC

Rosalía de Castro  pareceunos unha muller tan interesante e gustáronnos tanto os seus poemas que decidimos escribir a súa vida en cómic co que aprendemos  sobre ela.

Velaquí unha pequena mostra:.









viernes, 14 de febrero de 2014

RECORDANDO A ROSALÍA

"Es feliz el que soñando, muere. Desgraciado el que muera sin soñar."



CANTARES GALLEGOS


 Como chove miudiño
 Como chove miudiño,
como miudiño chove;
como chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.

¡Como a triste branca nube
truba o sol que inquieto aluma,
cal o crube i o descrube,
pasa, torna, volve e sube,
enrisada branca pruma!

Xa, dempois, lonxe espallada
polos aires fuxitivos,
desteñida, sombrisada,
nos espazos desatada,
cae brillando en raios vivos.

Misteriosa regadeira
fino orballo no chan pousa
con feitiña curvadeira
remollando na ribeira
frol por frol, chousa por chousa.


FOLLAS NOVAS


Vamos bebendo
-Teño tres pitas brancas
e un galo negro,
que han de poñer bos ovos,
andando o tempo;
i hei de vendelos caros
polo xaneiro,
i hei de xuntalos cartos
para un mantelo,
i heino de levar posto
no casamento,
i hei...

-Pois mira, Marica,
vai por un neto,
que antramentas non quitas
eses cerellos,
i as pitas van medrando
con galo negro,
para poñelos ovos,
e todo aquelo
do xaneiro, dos cartos
i o casamento,
miña prenda da ialma,
¡Vamos bebendo!

A que soan os versos de Rosalía?... ESCOITA

Actividades:
En que século viviu esta gran escritora?
Cantos anos tiña cando se publicou "CANTARES GALLEGOS"?
Como cres que se sentía  cando escribiu cada un destes poemas? Cal che gusta máis? Por que?
Volve a ler o poema de "COMO CHOVE MIUDIÑO"  e compárao co que tes escrito. Atopas algunha diferencia? Indica cal. 




viernes, 7 de febrero de 2014

INVENTANDO XOGOS

Foi unha acitividade moi divertida!. 
Primeiro inventamos os xogos e despois puxémolos en práctica:


                                  XOGO Nº 1: " O mellor xogo de cartas do mundo"


"O mellor xogo de cartas"



 Petric e Raul.

                                              XOGO Nº 2: " A Carreira ao revés".

"A carreira ao revés".


Como xogar.
Circuíto de xogo.

Material de xogo.
Aída, Mateo, Nerea R, Cristian S e Raquel.


                                                     XOGO Nº 3:  "A guerra espacial"
  
"A guerra espacial"
Laura, Nerea A, Estela e Mª José.


 XOGO Nº 4:  "Que rode a Pasta"
 "Que rode a pasta"
Yonathan, Gorka, Cristian G. e Leo.







"O Labirinto molón"
 XOGO Nº 5:  " O labirinto molón"

Alex e Cristian F.


 XOGO Nº 6: " Cuestión de sorte"

Guillermo, Brais,  Alejandro,  Jonatan e Hugo.