martes, 29 de enero de 2013

30 DE XANEIRO


Gloria Fuertes..

"Si todos los políticos
 se hicieran pacifistas
 vendría la paz."
 "Que no vuelva a haber otra guerra,
 pero si la hubiera,
 ¡Que todos los soldados
 se declaren en huelga".
 "La libertad no es tener un buen amo,
 sino no tener ninguno."
 "Mi partido es la Paz.
 Yo soy su líder.
 No pido votos,
 pìdo botas para los descalzos
 -que todavía hay muchos-"

Hoxe celebramos o DÍA DA PAZ MUNDIAL.
Sabemos que  se elexiu esta data coincidindo ca morte de GANDHI, avogado, pensador e político indio, que foi asasinado o 30 de xaneiro de 1948.
MAHATMA GANDHI adicou a súa vida a loitar polos dereitos dos pobres,  a favor dos máis desfavorecidos no seu país. El loitaba dun xeito pacífico, con métodos no violentos. Foi o que implantou as folgas de fame.
Cada ano unha persoa ou institución é galardonada co Premio Nobel da Paz; para merecelo, esa persoa tivo que destacar durante ese ano, defendendo igualdade e  fraternidade entre as nacións ou entre as persoas.
Igual ca Gandhi, outras  personalidades ou institucións recibiron ese premio: Barack Obama, Martin Luther King Jr. , A Nai Teresa de Calcuta, International Physicians for the Prevention of Nuclear War, Nelson Mandela...
 

FRASES SOBRE A PAZ:

"Non hai camiño para a paz, a paz é  o camino".
Mahatma Gandhi.



"Cando me preguntaron sobre algunha arma capaz de contrarrestar o poder da bomba atómica eu suxerín a mellor de todas: a paz".
Albert Einstein


" Os homes construímos demasiados muros e non suficientes pontes.
Isaac Newton


No hay comentarios:

Publicar un comentario